Como
sabedes,
a empresa ten a intención de implantar un novo sistema de xestión
de vacacións e permisos: Yunity. A
aplicación deste sistema arrancou en Madrid dun xeito conflitivo.
En
Vigo,
a
empresa fixo unha presentación power-point, sen achegar ningún
documento, sen resolver as dúbidas que plantexamos e sen negociación
previa, motivo polo cal dende a Sección Sindical da CIG emitimos un
informe negativo.
Como
dixo Marcuse, a
tecnoloxía non é neutra.
Todos os avances que se deron dende a Revolución Industrial non
valeron para reducirnos os horarios aos/ás traballadores/as, nin
para pagarnos máis, nin para garantir dereitos laborais (pese ao
aumento de produción). Serviron para beneficiar exclusivamente aos
propietarios deses medios de produción, aos empresarios, aos
capitalistas (que pagándolles a menos traballadores/as gañaban
moitísimos máis cartos). As melloras viñeron da loita sindical e
política da clase obreira, non da man da tecnoloxía.
Yunity
ou WFM,
teñen esa mesma natureza. O departamento actual de turnos non será
como o coñecemos cando estas dúas ferramentas funcionen de xeito
correcto. As
persoas poden escoitar e dialogar, as máquinas asignan sen ter en
conta necesidades humanas; aquí
suprimiranse postos de traballo, que serán substituídos por
aplicacións informáticas. Neste caso concreto, o impacto entendemos
que é leve: trátase dun departamento de xestión reducido que será
facilmente absorbido polas campañas.
Yunity
pode supoñer
vantaxes para o persoal, como facer as solicitudes cando o
traballador ou a traballadora queira e non nun horario restrinxido,
ver dispoñibilidades, etc., pero non debemos esquecer que esas
cuestións son nimias. Ademais, a
opacidade da empresa e a falta de diálogo non son as mellores
referencias.
A
Sección Sindical
da CIG en Unísono propuxo en reiteradas ocasións, incluso co apoio
da Inspección de Traballo, que sería positivo crear un sistema
transparente de xestión das quendas, vacacións, festivos, etc.
Agora que se implanta Yunity, sería o momento de negociar, non de
impoñer. Por todo isto, o noso informe foi negativo, o primeiro paso
por se nalgún momento fose preciso emprender accións xudiciais.
Nota:
As eleccións sindicais serán para mediados de maio, tal e como
establece a lexislación, nin
un día antes, nin un día despois.
Algúns levan meses de campaña electoral. Nós,
traballando día a día.
Sem comentários:
Enviar um comentário