4.2.14

A reunión de hoxe coa empresa durou aínda menos do previsto. 40 minutos no que nos informaron que non nos explotaron o suficiente (e polo tanto non chegaron a obter os beneficios que esperaban no ano anterior, o que por suposto non significa que teñan pérdidas: seguen gañando millóns e millóns). 

A empresa retrásase na entrega do informe DBK do exercicio anterior, no que, segundo traslada a responsable de Recursos Humanos, Unísono perde o seu flamante terceiro posto (dentro do ranking das cinco primeiras do estado) e pasa ó quinto. Cal é o motivo de que outras empresas adiantaran a Unísono? a pesar de que Unísono evadiu a resposta, o certo é que se trata dunha conxuntura de factores: probablemente esas empresas deslocalizaran máis traballo, e probablemente o seu equipo comercial traballe mellor e capte máis clientes.

Precisamente Unísono tamén comunica ampliacións no seu equipo comercial, e a súa especialización nos diferentes subsectores de telemárketing. Noutra orde de cousas, tamén comunica a súa intención de mellorar a imaxe tecnolóxica da compañía (moito workspace, wfm e pouco cambiar pcs, ratos, auriculares...).

De novas campañas, nin rastro! Tras facer a nosa valoración do 2013, nos termos que xa coñecedes e padecedes, insistimos en coñecer a previsión do 2014. Unísono di que ten como obxectivo ter máis actividade en Vigo... pero desde a CIG estamos fartos de intentos baleiros e de destrución de emprego.

Agardamos seguir mantendo reunións nas que sigamos tratando as cuestións pendentes. Porque non esquecemos, nin perdonamos!. Seguirémosvos informando!

Sem comentários: