O
venres 12 de xullo mantivemos dúas reunións coa empresa.
A
primeira só como CIG, para intentar mellorar a situación de ING.
Foi unha reunión moi breve, de tal maneira que quedamos emprazados a
volver manter outra porque algúns dos temas que consideramos máis
importantes non os puidemos tratar (calidade, p.ex.).
- A empresa aclara que as persoas que se reincorporan agora á campaña de ING deben traballar un mes seguido, antes de que se poidan coller vacacións. Aínda así, abren os cupos.
- A empresa di intentar asignar fins de semana libres cando coinciden antes das súas vacacións, pero saben que non comete unha ilegalidade cando si os asignan. (En futuras ocasións intentaremos chegar a ese acordo).
- A empresa comprometeuse a revisar aquelas situacións nos que a empresa asignou o día festivo do 24 de xullo, aínda non atraballado.
- Solicitámoslle á empresa que informe ós/ás traballadores/as do cupo que hai para solicitar asignación de festivos, p.ex., co fin de evitar, como nalgúns casos que se rexeiten ata 10 veces as solicitudes e os asigne finalmente de xeito unilateral a empresa. Intentarano.
- En canto ós cambios de turno din que o criterio que utilizan é a antigüidade de solicitude.
- Hai moitas persoas que teñen turno partido e nalgunhas ocasións traballan 10 días seguidos. Sendo este o peor turno para a conciliación persoal, solicitámoslles que intentaran que polo menos librasen os fins de semana. Vano intentar.
- Solicitámoslles que publiquen o 20%, ADVERTIMOS: son variables.
- A empresa asegura que nunca houbo retrasos en nómina por retrasos, pero que hai algunhas persoas que sistematicamente se retrasan nos descansos. A empresa di que pon o límite no 15% dos descansos (non especifica se entra o longo no cómputo ou non, o que varía substancialmente o resultado). Aseguran que hai persoas que se retrasan un 30%. Nós poñemos en dúbida esta situación, se non estás conforme, fáinolo saber.
- En canto ós fóras de banda asinados fóra de prazo, a empresa escúdase en que só foron cinco casos. Na próxima reunión lembrarémoslle que é indiferente o número de persoas, non pode volver acontecer.
- Solicitámoslle aumento de persoal no departamento de turnos pero din que vai acorde á dimensión do plantel. A empresa, para paliar a situación afirma que vai aumentar o horario de recepción do departamento de turnos. Fixémoslle saber que non concordabamos con esa medida porque supoñía máis traballo para os xa presentes e insistimos en que había persoal formado que podería suplir esas carencias. Queda pendente de tratar máis a fondo na próxima reunión porque evidentemente non chegamos a acordo.
A
segunda foi da comisión de seguemento do ERTE. Con presencia
de UGT e CCOO. A empresa confirma que xa chamaron a persoal da rúa.
Afirman que sempre que se xeneraron vacantes se ofertou a persoal do
erte, da bolsa, do 17 de goltv e da rúa. Indican que hai un aumento
de máis de cen persoas pero que fundamentalmente é traballo
eventual.
- Solicitámoslle que nos faciliten documentación para valorar os horarios ofrecidos e contrastalos cos que xa había, para evitar irregularidades. En principio ó persoal do ERTE ofréceselles a xornada que xa tiñan. Para o persoal do 17 e da bolsa, 10 horas fin de semana fundamentalmente. Das 18 persoas da bolsa chamaron a 14. 3 Incorpóranse, por obra.
- En canto ás preferencias horarias, a empresa afirma que non nos pode facilitar esa información pola LOPD (escudo perfecto), sen autorización do traballador/a. Informarémonos sobre esta situación e faremos todo o posible para chegar ó fondo da cuestión.
- Solicitámoslles que aquel persoal que xa estivo en ING e foi “rexeitado” pero presentou boas aptitudes para a venda, sexa tido en conta para campañas de venda como Gas Natural, a priori máis estables que Goltv.
- A empresa, en relación ás persoas que xa estiveron en ING e non poden volver din que o criterio foi 1. non pasar o test, 2. ilegalidades/insultos (casos puntuais), 3. calidade (os que non chegaron ó 83%. A nota media é do 95% 4. vendas).
- O resto de campañas mantéñense estables. En Gas Natural prevese un breve repunte en setembro.
Sem comentários:
Enviar um comentário