4.4.13

Mañá ás 10:00h manteremos por fin a primeira reunión coa empresa. Tan pronto remate a reunión haberá unha asemblea de traballadoras/es. IMPORTANTISIMO que acuda TODA A EMPRESA (Os representates legais estamos para representarvos, non para cociñar: vós sodes os que decidides e nós somos os que executamos as vosas decisións). Tras analizar a documentación observamos que Unísono xa non amosa ningún pudor en recoñecer que as cousas non están mal, están FATAL. O que non explican é por que ultimamente só veñen para Vigo campañas gafes (GOLTV e as súas temporadas, ING e os seus horarios imposibles). É moi fácil decirnos que "el cliente no quiere". Non quere vir nin Vodafone, nin Mapfre, nin Nespresso, nin Iberdrola, nin ...?. Desta volta temos que conseguir revertir a situación porque a realidade é que se ORANGE marcha, Unísono queda sen garantías de ningún tipo. Ou van manter o traballo en GOLTV cando remate a liga? Ou en ING van ter á xente diario en autoformación, cobrando por mirar para o aire? Ou se cadra en Gas, onde se require un "superperfil de venta comercial totalmente inalcancable" e onde xa avisan que ten previsión de decrecemento... ESTÁN FACÉNDONOS DESAPARECER!!!! TEMOS QUE CAMBIAR ISTO XA!!!! ACUDIDE Á ASEMBLEA e DIFUNDIDE!!

Sem comentários: