19.9.12

resumo reunión cig-empresa


O pasado xoves 13, a sección sindical da CIG mantivo unha reunión cos máximos responsables de Unísono en materia de Relacions Laborais e Recursos Humanos.

Lamentablemente non temos grandes novas posto que a nosa empresa segue a mesma liña que o noso goberno: semella que en ningún dos casos, ninguén ten que dar explicacións.

Lembrades a implantación dos erros fatales? aqueles que din, entre outras cousas, que se “NON VOCALIZAS” podes ser despedido/a? Pois ben, nunha primeira volta preguntámoslles o motivo destes cambios. A resposta foi que eran esixencias directas do cliente Orange. Un mes máis tarde, e logo de verificar que estes abusos só se levan a cabo en Vigo, e non só na devandita campaña, recoñecen que efectivamente é unha cuestión interna de Unísono, a aplicar na campaña que lles veña en gana. Vamos, que fan o que queren!

Co sistemas das enquisas, a resposta é nula. Por un lado explicámoslles que a propia campaña se ve obrigada en ocasións, dada a lentitude que provoca nos sistemas, a  pedirlle ós/ás axentes a que eliminen a enquisa, baixando así a porcentaxe de trasferencias. Poderiamos, como traballadores/as, negarnos, xa que é a nosa obriga transferir á enquisa. Si, poderiamos, pero nese caso a caída de sistemas suporía empeorar o aht, hold etc… e por tanto o resultado da monitorización.

Non esquecemos, por suposto, tratar a cuestión da persecución nos tempos de entrada, descansos, trabaux  a través de amoestacións e de descontos nas nóminas.  O que si esquecen eles é valorar os minutos que moitos lle regalamos ó fin de cada una das nosas xornadas, saíndo de Unísono ás e 5, ás e 10...

Adquiriron o compromiso de revisar esta situación e de intentar que nós, como Representantes Legais vosos, teñamos a posibilidade de cotexar estes abusos.

Temos constancia de que nalgún caso, Unísono presentou ós/ás traballadores/as uns escritos a modo de aviso ou amoestación nos que literalmente se nomea a baixada voluntaria do rendemento no traballo. Ollo! firmar isto e poñer un pé na rúa! Le e asesórate antes de asinar nada.



Evidentemente non nos olvidamos de Nati e de Lore (as traballadores represaliadas co despido) e reiteramos una vez máis a nosa postura: eses despidos foron un erro e como tal deben correxilo.

Ante os abusos e inxustizas, asina sempre NON CONFORME. Se o consideras preciso pide un delegado sindical e coméntanos tódas as túas dúbidas.


Sem comentários: