Apoio masivo nos paros convocados polo Comité de Empresa.
O pasado día 27 convocouse, dende o Comité, unha xornada de folga, co motivo dos despedimentos dos últimos tempos. Coa unidade de tódalas traballadoras/es conseguimos demostrarlle á empresa o noso rexeitamento ante a súa política sistemática de destrución de emprego.
Dende o Comité de Empresa valoramos positivamente que a grande maioría das traballadoras/es de Unísono saíran á rúa defender os dereitos de todas/os. Ese venres foi un claro exemplo de solidariedade e dignidade. A empresa xa sabe que todas unidas/os somos máis fortes e que seguiremos loitando pola defensa dos nosos postos de traballo.
A folga foi máis alá das portas da nosa empresa e chegou a repercutir na prensa, televisión e radio. Medios como La Voz de Galicia, Faro de Vigo ou Atlántico Diario fixeron pública a situación que actualmente estamos a padecer.
Mentres non nos demostren o contrario, seguiremos berrando o mesmo:
QUE NON NOS VACILEN, O TRABALLO VAI PARA CHILE !!
Sem comentários:
Enviar um comentário