23.6.11

40 DESPIDOS MÁIS…

O día 10 de xuño, 40 compañeiras e compañeiros máis foron despedidas tras aplicar de novo o artigo 17, polo que pasarán a engrosar a cola do paro o próximo día 26.

Estas compañeiras/os, que desenvolven as súas funcións no SIF, YACOM, POSTVENDA YACOM e POSTVENDA ORANGE súmanse ás 59 despedidas/os de S.T de ORANGE.

Despois de coller chamadas coma máquinas, soportando abusivos controis de calidade, insultos das e dos clientes e sen descansos entre chamadas… Unísono segue despedindo indiscriminadamente.

Mentres sigan as agresións ós nosos postos de traballo, a loita continúa...

ÚNETE Ó COMITÉ DE EMPRESA NOS PAROS CONVOCADOS O DÍA 24 DE XUÑO!

QUENDA MAÑÁ: DE 11H A 12H
QUENDA TARDE: DE 17H A 18H
A efectos legais a folga convócase 24h.

Comité de Empresa de Unísono Vigo

Sem comentários: