16.5.11

O COMITÉ DE EMPRESA INFORMA:


En maio do 2010, Unísono contaba con 1000 traballadores; hoxe, un ano despois somos 700 escasos, e seguimos baixando.

Tan só no que levamos de ano perdemos unha das campañas máis importantes de Unísono, Vodafone.

Agora vemos como estamos perdendo case ó único cliente de Unísono Vigo na actualidade, Orange.

No último trimestre destruíronse 130 postos de traballo por unha suposta baixada do volume de chamadas (art. 17) e pola desaparición de campañas.

Lamentablemente sabemos que isto non remata aquí: a patronal propón que no novo convenio, o art. 17 afecte tamén ós indefinidos, podendo, desta maneira, mandalos á cola do paro con 8 días por ano traballado

Ímolo permitir?

Asemblea informativa 18 maio 2011

14:00 a 17:00 en Vigo 2

Non agardes a que sexa a túa quenda!

Participa nos paros do 20 maio 2011

11:00 a 12:00

17:00 a 18:00

Máis que nunca únete ó Comité de Empresa

Sem comentários: