21.9.10

O 29 de setembro paremos telemárketing (I)

Se algo sabemos no telemárketing é que despedir é doado e barato, que os con-tratos temporais son a norma, que as empresas teñen toda a flexibilidade do mundo e malia todo isto nos últimos cinco anos crearon emprego, pero fóra do Estado froito da deslocalización. Abaratar e recortar dereitos non garante a creación de emprego, garante precariedade laboral.

O goberno central impón unha reforma laboral que aposta por desprotexer totalmente aos traballadores/as, unha reforma que abarata, facilita e amplía as causas de despedi-mentos, amplía o uso de ETT, e permite as empresas recortar salarios ou reducir xornadas.
A crise é unha escusa para impoñer un novo modelo económico, social e laboral. Por iso a CIG convocou FOLGA XERAL o 29 de setembro.

Co actual Convenio os despedimentos son doados e baratos para as empresas e agora, coa reforma, queren facilitalo aínda máis, abaratalo e subvencionar ade-mais con diñeiro público parte das indemnizacións de despido e se amplían as causas dos despedimentos obxectivos.

As empresas poderán alegar previsión de perdas para proceder ao despedimento individual ou colectivo cunha indemnización de 20 días por ano ata un máximo de 12 mensualidades.

Tamén será causa de despido obxectivo a diminución de ingresos con independencia de que as Empresas obteñan beneficios no mesmo exercicio.

O despedimento por causas obxectivas por razóns técnicas, organizativas, económicas e de produción, tamén se flexibilizan, polo que a implantación de novos elementos técnicos ou a substitución de máquinas permite o despido.

Poderán despedirnos con máis facilidade polo simple feito de faltar ao traballo por causas xustificadas, ben sexa por estar de baixa, pedir días por ter un familiar enfermo ou coller dous días de mudanza. Unha sen razón que pretende que traballemos ata rebentar e que renunciemos sen máis aos dereitos adquiridos.

Así mesmo, a reforma afecta noutras cuestións máis alá dos despedimentos que explicaremos posteriormente. Estamos vendidos, a democracia esvaeceuse dos postos de traballo, vivimos na ditadura dos empresarios. As reformas conformarán a estrutura dun novo modelo laboral, económico e social onde temos as de perder.

Os traballadores e traballadoras do sector do telemárketing temos motivos de abondo para ir á FOLGA sen que houbera reforma laboral, pero agora que pretenden impoñernos máis precariedade, máis despedimentos e recortes salariais debemos unir as nosas forzas e participar activamente na FOLGA XERAL DO 29 DE SETEMBRO. Indo a folga, asistindo aos piquetes e as mobilizacións convocadas. Paremos as empresas e aos seus gobernos-monicreques.

Sem comentários: