Unísono CRM anunciou 34 despedimentos nas campañas de Vodafone e Iberdrola en Vigo. En primeiro lugar queremos transmitirvos a todas/os afectadas/os unhas normas mínimas de actuación ante o despedimento:
• Non asinedes ningún tipo de documento, se o facedes poñede “Recibín non conforme”, data e hora. Esixide unha copia de todo o que asinedes.
• Se a empresa pon problemas reclama a presenza dun delegado/a sindical na reunión.
• Non asines baixo ningún concepto o finiquito mentres non sexa revisado individualmente no sindicato. Se o asinades renunciades a calquera dereito se estivera mal calculado, ou incluso a posibilidade de demandar.
• Conserva todas as nóminas, contratos e demais documentos.
• Consulta a posibilidade de demandar a empresa xudicialmente para tratar de conseguir a readmisión ou no seu defecto a máxima indemnización posible (45 días por ano traballado).
• Dende o despedimento hai 20 días para poder presentar demanda, polo que debedes poñervos en contacto co sindicato canto antes.
Informamos de todo isto porque son principios xerais, pero ademais despois dunha análise pormenorizada da documentación facilitada por Unísono (e da que conseguimos pola nosa conta), pensamos que hai irregularidades nos despedimentos que poderían permitir reclamar xudicialmente. O artigo 17 do Convenio de Telemárketing facilita e abarata os despedimentos, pero cremos que con todo cabe a posibilidade de demanda xudicial.
Os despedimentos son individuais e polo tanto as demandas son individuais, a Lei non permite que sexamos os sindicatos nin os Comités os que denunciemos no xulgados. Animamos ao persoal a demandar, non facelo pode supoñer renunciar á indemnización correspondente como xa sucedeu noutros casos e se finalmente vos obrigan a marchar, tedes dereito a facelo na mellor das condicións.
Por outra parte, queremos denunciar publicamente que Unisono Chile ofertou 120 postos de traballo para “Soporte Técnico”, 60 para a quenda de día e outros 60 para a quenda de noite (cando aquí é de día alí é de noite). Estamos pois ante un caso evidente de deslocalización e pensamos que estes despedimentos actuais son un inicio. Estamos investigando xa que pensamos que o de Unisono Chile non é o único caso.
A CIG aposta por mobilizarse na defensa dos postos de traballo e recomendamos ao persoal afectado que defenda os seus dereitos, que non ceda de balde ás pretensións da empresa.

LEMBRA O 29 DE SETEMBRO FOLGA XERAL.
Sem comentários:
Enviar um comentário