A patronal de telemárketing anunciou que quere suspender a reunión da mesa negociadora do Convenio Colectivo prevista para o día 18 de xuño, á espera de que o Goberno do PSOE aprobe a reforma laboral.
As empresas de telemárketing queren agardar a coñecer os recortes de dereitos laborais (maior flexibilidade interna, abaratamento e facilidade dos despedimentos, modificación dos modelos de contratación, posibilidade de que as empresas deixen de aplicar o convenio alegando mala situación económica, etc), para trasladalos ao noso Convenio.
Pola nosa parte solicitamos que se manteña a reunión, non é xusto que as empresas pretendan hipotecar a negociación do Convenio Colectivo, en definitiva as nosas condicións laborais, á aprobación por parte do Goberno dunha reforma laboral lesiva para os nosos intereses. CCOO anunciou que está de acordo coa patronal.
O vindeiro día 17 de xuño a CIG estará na rúa con manifestacións contra a reforma laboral, unha reforma que como vemos, as avarentas empresas de telemárketing pretenden ser as primeiras en aplicar.

O 17 de xuño, maniféstate coa CIG,
porque esta contrareforma nos afecta directamente
Vigo: Vía Norte ás 20.00 horas.
Sem comentários:
Enviar um comentário