Nestes últimos días, grazas ós comunicados repartidos primeiro por CCOO e logo por CGT, coñecemos dúas convocatorias de mobilización distintas, que se van levar a cabo na nosa empresa.
Na Sección Sindical da CIG, estamos completamente de acordo cos motivos que se expoñen para convocar estas mobilizacións, pero cremos que non é a maneira máis axeitada de reivindicalos.
Parécenos que o despedimento da compañeira da campaña de Iberdrola non está xustificado dende ningún punto de vista, xa que esta se limitou a seguir o procedemento establecido pola empresa. Lonxe de ser esta rapaza a culpable dun “erro fatal” como a empresa quixo facer ver, pensamos que foi vítima dun acto de covardía total por parte das persoas responsables da campaña e/ou empresa, incapaces de asumir as súas responsabilidades.
Os motivos da outra mobilización proposta, non son menos importantes dende logo; a suba salarial, a conversión de contratos en indefinidos, o ritmo de traballo..., estas cuestións preocupan seriamente á CIG ao igual que a Sección Sindical convocante.
Agora ben, pensamos que se xuntamos as nosas forzas, conseguiremos máis repercusión, e se temos que facer unha folga, a faremos, pero con un plantexamento firme e claro.
Ningunha das outras seccións sindicais se puxo en contacto con nós para pedir a nosa colaboración, nin tampouco sabemos se se puxeron en contacto entre elas (semella que non). Ao mesmo tempo, descoñecemos a legalidade ou non destas convocatorias, posto que non temos ningunha documentación que as avale.
Así pois, a CIG, como organización, non vai secundar estas mobilizacións, aínda que, a nivel persoal, cada un dos traballadores e traballadoras de Unisono, deberedes valorar a vosa participación nelas.
Seguimos estando en disposición de sentarnos co resto do Comité de empresa, para traballar conxuntamente na procura de iniciativas que, finalmente, consigan que o persoal de Unisono en Vigo acade unhas condicións de traballo máis dignas e xustas.

Sem comentários:
Enviar um comentário