Como xa denunciamos anteriormente cando se produciron os despedimentos na Campaña “desbordamento” de Orange, pensabamos que estabamos ante unha campaña fraudulenta, polo que presentamos denuncia ante a Inspección de Traballo.
Por outra parte a asesoría xurídica da CIG ten presentado demandas individuais daquelas persoas que non asinaron o finiquito.
Agora a Inspección de Traballo contestounos que dita Obra (desbordamento de chamadas de Orange) non constitúe unha campaña, encubrindo contratacións eventuais fraudulentas, dándonos así a razón.
Ase mesmo Unísono comprometeuse ante a Inspección de Traballo a “entregar as cantidades fraudulentamente non entregadas (correspondentes ao finiquito e as vacacións non disfrutadas) aos traballadores que pasaron desta obra á principal de Orange mediante un simple cambio na cláusula contractual.”
Unha vez mais, grazas as nosas denuncias, queda clara a actuación fraudulenta de Unísono.
Agardamos que para demostrar o seu tan cacarexado “chamamento ao dialogo” RRHH de Unísono recoñeza a improcedencia dos despedimentos dos compañeiros inxustamente despedidos que presentaron demandas e que sexan readmitidos.
Por ultimo lembrarvos que ante calquera despedimento ou remate de contrato “temporal” non asinedes o finiquito-liquidación sen que consultar primeiro coas delegadas da CIG.

Sem comentários:
Enviar um comentário