Transformación en Indefinidos
Nestes momentos hai un proceso de conversión de contratos temporais en indefinidos realizados segundo a empresa ao amparo do artigo 15 do Estatuto dos Traballadores. É curioso que non poñan en marcha o proceso de indefinidos do Convenio, pero fan indefinidos a dedo.
En todo caso si que é certo que hai contratos fraudulentos que deben ser transformados en indefinidos, e así o temos denunciado ante a Inspección de Traballo.
Coordinadores Orange en funcións de inferior categoría
Hai un grupo de coordinadores de Orange, nivel salarial 8, que está realizando funcións de teleoperador especialista, en aplicación da mobilidade funcional. O Estatuto dos Traballadores/as é claro:
“a mobilidade funcional para a realización de funcións non correspondentes ao grupo profesional ou a categorías equivalentes só será posíbel se existisen razóns técnicas ou organizativas que a xustificasen e polo tempo imprescindíbel para a súa atención. No caso de encomenda de funcións inferiores esta deberá estar xustificada por necesidades perentorias ou imprevisíbeis da actividade produtiva. O empresario deberá comunicar esta situación aos representantes dos traballadores.”
Unísono non informou á representación sindical, nin xustificou a necesidade de asignar funcións de inferior categoría a este persoal.
En definitiva, para Unísono dialogar é que a representación sindical diga amén ao que diga RRHH, impresentable.
Sem comentários:
Enviar um comentário